Calendario Solidario

Imprimir

Calendario solidarioA Comunidade Solidaria San Lázaro presenta por segundo ano consecutivo un calendario solidario que ten como fin a recadación de cartos para o "Proxecto Nicaragua". Dito proxecto ten como obxectivo a escolarización de nenos/nenas na parroquia de San Martín de Porres (Nueva Guinea, Nicaragua), concretamente no Colexio San Juan Bautista.

O ano pasado fíxose un calendario no que saíron os organizadores da Comunidade Solidaria xunto con nenos/nenas do Barrio que recadou 4.000 €. Este ano comprometéronse 16 artistas galegos.

Xacobe Sanz foi o primeiro artista co que contactamos e que nos animou a elaboración do almanaque e púxones en contacto co estudio fotográfico FILMATE que realizou as fotos de maneira gratuíta. Despois, por medio de redes sociais, teléfono, correo electrónico e de xeito persoal... puxémonos en contacto cos demais artistas. Cabe destacar a boa predisposición de todos eles para participar.

Ademais colaboran con nós:

A presentación do calendario realízase o martes día 21 de decembro no auditorio do Hotel Os Abetos, que tamén colabora desinteresadamente.

Os puntos de distribución do calendario son:

O precio do calendario é de 10 €.