A Comunidade Solidaria San Lázaro presenta por segundo ano consecutivo un calendario solidario que ten como fin a recadación de cartos para o "Proxecto Nicaragua". Dito proxecto ten como obxectivo a escolarización de nenos/nenas na parroquia de San Martín de Porres (Nueva Guinea, Nicaragua), concretamente no Colexio San Juan Bautista.
O ano pasado fíxose un calendario no que saíron os organizadores da Comunidade Solidaria xunto con nenos/nenas do Barrio que recadou 4.000 €. Este ano comprometéronse 16 artistas galegos.
Xacobe Sanz foi o primeiro artista co que contactamos e que nos animou a elaboración do almanaque e púxones en contacto co estudio fotográfico FILMATE que realizou as fotos de maneira gratuíta. Despois, por medio de redes sociais, teléfono, correo electrónico e de xeito persoal... puxémonos en contacto cos demais artistas. Cabe destacar a boa predisposición de todos eles para participar.
Ademais colaboran con nós:
- Grupo papelería BREIXO: que por segunda vez regalou a impresión dos calendarios.
- Peluquería A MUÍÑA: colaborou preparando para a sesión fotográfica tanto a nenos/as, como ós artistas.
- 2KSYSTEMS: é a empresa que nos aportou o diseño e a elaboración da páxina: www.sanlaroaxuda.com
A presentación do calendario realízase o martes día 21 de decembro no auditorio do Hotel Os Abetos, que tamén colabora desinteresadamente.
Os puntos de distribución do calendario son:
- PELUQUERÍA A MUÍÑA: C / Muíña nº1 - Santiago de Compostela (981 560 531)
- A RAS DE RAS, CAFÉ & MAS: Rúa Melide, nº 17 Bajo – Santiago de Compostela (981 942 706)
- LOS ANGELES GAS (LAE - Gasoleos): varios puntos de venta por Santiago (981 509 999)
- EIRA ECOCENTRO: Rúa Nova, 5 – Santiago de Compostela (981573971)
- FILMATE: Rúa Sanchez Freire, nº 22 – Santiago de Compostela (981 520 580)
O precio do calendario é de 10 €.
Comentarios
MABEL É UNHA DAS NOSAS DAMAS DA ESCEA, QUE DICIR DO SEU PAPEL EN MAR ADENTRO, UN GOYA, QUE FIXO TEMBRAR Ó MEMO BARDEN. GRACIAS MABEL, SEGUE ASÍ, E GRAZAS POLOS ÁNIMOS. CON XENTE ASÍ PAGA A PENA CONTINUAR NO CAMIÑO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.