San Lázaro Axuda

Proxecto Nicaragua

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

Nós

Correo-e Imprimir PDF

Sobre Nós

Como conxugar amizade, parroquia, inquedanza, fe ou compromiso. Só se me ocorre falar de comunidade solidaria.

Todo comezou, como comeza todo. Cando se vive, estudia, traballa, goza e ama nun clima de inquedanza, de inconformismo, de querer comer (cambiar) o mundo e que todo sexa novo e mellor. O calendario é o resultado de moitas horas, preocupacións, esforzos, reunións, enfados, presas, risas... Pero ante todo ilusión.

Vivir no barrio de San Lázaro, en Santiago de Compostela, é voltar a nenez, a xuventude, a eses momentos da vida nos que todo te preocupa e onde tes a solidariedade máis a flor de pel.

¿Algunha vez non pensaches como axudar ante a adversidade? ¿Algunha vez non participaches no colexio, no instituto, na facultade, na casa, na parroquia nalgunha iniciativa solidaria?

É o que nos une os que estamos dentro desde proxecto, a inquedanza dende a amizade que fas nos albores da túa xuventude; as orixes están na casa, na parroquia... Pero sobre todo no instituto... por querer axudar os que o pasan mal. É un pequeno detalle, unha simple iniciativa, faite capaz de soñar... Porque funciona e porque queremos máis.

Se a amizade lle sumas que colaboras na túa parroquia como catequista, e o resultado desa suma lle volvers a sumar que vives no barrio de San Lázaro, a suma final é sorprendente: solidariedade o cadrado. E fas canto está nas túas mans por ir mail aló.

No curso 2009-2010 xurdiu a idea dun calendario para axudar @s nen@s dun colexio en Nicaragua. Tiñamos noticias deles por un misionaeiro que traballa alí e o calendario saíu adiante grazas a esa amizade xa comentada. O resultado, sorprendente: dous profesores e un garda de seguridade en Nicaragua. E todo nun tempo récord. ¡GRAZAS A TODOS!

Neste curso o obxetivo plantéxase máis solidario ¿por qué non chegar máis aló? ¿por qué non intentar come-lo mundo? Quen sabe.

O caso é que "a cabeza non para", e os amigos ocorréusenos poñernos en contacto con xente coñecida/famosa, desa que sae na televisión. E de novo... sorpresa: xente asequible (podédelo ver nas páxinas do calendario).

Se podemos chegar a Nicaragua, por que non máis lonxe... ou mais preto... a solidariedade, San Lázaro sábeo ben, está no lugar no que menos o esperas... está a porta da túa casa ¿non a ves?

Esta comunidade aínda está traballando cos dentes de leite, pero pronto "han de caer" para dar paso a novos sabores, a novas experiencias, a novas expectativas... Necesitamos a túa colaboración, a túa solidariedade é necesaria e importante.

Como di Carlos Núñez: "Ogallá todos sexamos un pouco San Lázaro".

A comunidade solidaria así o desexa.

 

Comentarios  

 
+1 #1 Boasalberto 08/01/2011 16:21
saudos dende media mark coruña....aqui deixo a paxina aberta.....!!!!!!!!!
Citar
 

Últimos comentarios

  • Вас посетила просто великолепная идея Вот мой прое... Más...
  • По-моему это очевидно. Я бы не хотел развивать эту... Más...
  • As a well-known replica rolex watch brand swept th... Más...
  • This replica rolex Milgauss watch pricing can be q... Más...
  • Eu xa teño a miña entrada!! :lol: Más...

Usuarios en línea

Temos 19 convidados en liña