San Lázaro Axuda

Proxecto Nicaragua

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

¡Colabora! San Lázaro Axuda 2014

Correo-e Imprimir PDF

No ano 2009 nace a Comunidade Solidaria de San Lázaro, un grupo de xente afín á Parroquia de San Lázaro pon en funcionamento o movemento “San Lázaro Axuda”, co fin de facer da solidariedade unha maneira de vida. Aparece neste mesmo ano a posibilidade de poder colaborar no xa coñecido “Proxecto Nicaragua”. A través dunha carta pedíasenos axuda para subvencionar nun colexio rural para dar posibilidade os nenos do campo a recibir unha boa educación, dous profesores e un coidador.

Esta chamada de auxilio encaixaba á perfección nas expectativas que os compoñentes da Comunidade Solidaria tiñan.

Para recadar 4.000,00 € necesarios para levar a cabo o proxecto, a comunidade mobilízase entorno a un calendario que consta de doce fotos moi rudimentarias, sacadas coas cámaras máis simples, nos decorados improvisados cos nenos e os colaboradores. Aínda así conseguiuse recadar grazas á aportacións de todos/as os/as veciños/as e colaboradores/as o obxectivo fixado.

Ano tras ano e co mesmo fin, e coa axuda cada vez máis padriños o calendario chegou a un punto nunca imaxinable, coa colaboración de artistas famosos e empresas de profesionais. O “Proxecto Nicaragua” alcanzaba o seu cumio, facendo o proxecto sólido e fiable, alcanzando así tres edicións do calendario “solidario”.

Cando o movemento “San Lázaro Axuda” está centrado no “Proxecto Nicaragua” estala a xa coñecida e famosa “crise mundial”, que golpea directamente os nosos/as veciños e veciñas. Isto fainos plantexarnos o ter que prestar axuda máis directa, véndonos moi o noso pesar obrigados a ter que reducir o “Proxecto Nicaragua”, por mor dos 10,00 € do calendario agora máis innacesible para moita xente.

O movemento “San Lázaro Axuda” non deixa de esforzarse de loitar e tentar demostrar que a pesares do momento “coxuntural” que vivimos, esta comunidade segue viva e en pe de guerra.

Aparecen novas maneiras de facer as cousas, adaptándose e mimetizándose cos momentos difíciles sacando no sitio do calendario o “lapis solidario”. Cun custo moi inferior será máis asequible para todos e todas. Propoñémonos unha nova etapa onde a campaña durará todo o ano, e teremos que chegar a máis xente para facer o mesmo.

Seguiremos no Proxecto Nicaragua pero teremos que derivar parte do recadado as necesidades máis próximas.

Nos momentos máis difíciles as necesidades medran e contra as necesidades SAN LÁZARO non dubida, AXUDA.

 

Últimos comentarios

  • Вас посетила просто великолепная идея Вот мой прое... Más...
  • По-моему это очевидно. Я бы не хотел развивать эту... Más...
  • As a well-known replica rolex watch brand swept th... Más...
  • This replica rolex Milgauss watch pricing can be q... Más...
  • Eu xa teño a miña entrada!! :lol: Más...

Usuarios en línea

Temos 6 convidados en liña